Concurso de cortadores de xamón

Lugo acollerá o venres a final do concurso de cortadores de xamón

Lugo será o próximo día 14 o escenario no que dez cortadores profesionais de xamón disputaranse a final do concurso galego de cortadores de xamón.

A proba celebrarase no Hotel Méndez Núñez de Lugo e estará patrocinado por Coren, ademais de contar coa colaboración do Concello de Lugo. O Concurso comezará ás 11.00 horas e estará aberto ao público, incluíndo unha degustación gratuíta de xamón.

Esta actividade, organizada polo Club Profesional de Cortadores, aglutina aos mellores cortadores chegados de toda España. Os participantes no concurso terán que competir por alcanzar as máximas cualificacións tendo en conta o estilo, o grosor e o tamaño da loncha, a limpeza ou a rectitude no corte, entre outros aspectos. O xurado estará composto por profesionais do gremio, xornalistas especializados e membros de Coren